Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 35

33 vexetais directamente plantadas na terra, como elemento de peche e de ordenación das hortas ou de engalanamento das plantas, o denominado hortus conclusus, unha práctica común en toda Europa. Este recurso natural que instrumentaliza a arte e a literatura é utilizado polos artesáns e artesás dun xeito directo e innato, recorrendo á materia que lle propor- ciona a madeira e os xuncos circundantes, ligadas ao traballo agrícola e ao contexto doméstico. A cestería como elemento arquitectónico, ben viva, ben seca, foi utilizada para dividir os campos e as hortas galegas, pero tamén outros terreos e usos. Existen estudos arqueolóxicos recentes nos que se produce unha importante descuberta dunhas estruturas a modo de paramentos nas salinas do Areal en Vigo6, datadas en época romana, que documentan ese recurso da cestería en construcións civís. En épocas máis recentes transfórmase en edificacións ligadas ao excedente do campo, como exem- plifican os singulares cabaceiros da terra de Melide. No mundo das artes figurativas medievais europeas cómpre destacar representacións escultóricas como a coñecida Arca de Noé no interior da igrexa da Madalena de Vézelay en Francia, que nos presenta unha arca en pedra en forma de cesta vexetal a modo de canastilla ou tebah (en hebreo)7; non parece moi arriscado sinalar a posibilidade de que os capiteis románicos de entrelazo da catedral de Santiago teñan unha inspiración nese tecido vexetal que conforma as cestas, ou na propia ces- tería viva que describen as miniaturas, con independencia das recoñecidas influencias do entrelazo atlántico. A cestería aparece reiteradamente como elemento decorativo da retablística tardomedieval. Co paso do tempo a cestería acadará unha maior distribución comercial como elemento de porte nas feiras e mercados, especialmente nas primeiras décadas do século xx, momento no que se producirá moita cestería do mar materializada nas célebres patelas para o peixe. A ceste- ría tradicional está ligada á vez aos recipientes para os oficios (zoqueiros, carpinteiros) e incluso á propia venda da cerámica, pois existían cestos especiais para levar os «cacharros» oleiros ás feiras. Os arquivos fotográfi- cos do século xx conservan os retratos de cesteiros e cesteiras, de mulle- res camiño dos mercados ou nas feiras, e a presenza destas fotografías documentais e históricas acompañará as pezas de cestería da exposición. Estes contedores de vimbio e madeira sufrirán o seu declive coa chegada do plástico, algo que se transmitiu ao oficio e ao artesán/á cesteiro/a, nun momento no que se fai moi difícil a súa continuidade. A CERÁMICA Desde o Paleolítico atopamos figuras de barro con representación antropo- morfa —as denominadas venus prehistóricas— e mesmo algunha animal, cunha finalidade entre o máxico e o ritual, pero non hai restos similares no caso galego. Non obstante é necesario subliñar que a utilización do barro non se vincula só a un uso como contedor, senón que tamén alude a ritos