Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 521

519 SILVEREIRA Silvereira é unha firma artesanal de xoiería reali- zada basicamente en prata e en madeira afincada en Compostela. O traballo manual combínase con novas técnicas como o corte por láser. Nos seus deseños e creacións evidénciase a influencia da xoiería e da ourivería galegas e compostelás. A súa homenaxe ao acibeche ou á filigrana, así como a algunhas tipoloxías tan significativas como o tradicional sapo, conxugan presente e pasado nuns produtos xoieiros que se difundiron amplamente no mercado. ZIMZELATUM É unha firma de xoiería artesá que traballa con prata, cobre, alpaca, latón normalmente en chapa. As súas pezas decóranse con técnicas de cicelado, batido, picado... Incorporan a técnica de micro- fusión (utilízanse pequenos moldes de cera para poder reproducir o metal) e os seus acabados son volumétricos, lisos, puídos e crús. Tamén realizan pezas con acabados mates e patinados, e coleccións con pedras semipreciosas. Algúns dos seus obxectos son pezas decorativas en forma de pequenos recipientes ou bandexas, retomando os usos do pasado da xoiería como contedor ou obxecto decorativo.