Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 509

507 obxectos cheos de vida. O proceso é enteiramente artesanal. Algunhas pezas son feitas por torno de oleiro en diferentes arxilas. Outras pezas de gres e louza son reproducidas por moldes de xeso». Realmente esta parella de artesáns encarna a figura do maker contemporáneo, pois controlan todo o proceso ao redor das súas creacións como a produción, a fotografía, a mensaxe, a comunicación e redes sociais. As súas obras que nos evoquen paz e harmonía, que conecten coa natureza e formen parte dun estilo de vida. Participan en feiras nacio- nais e internacionais tan prestixiosas como Maison & Object de París. MÁGICOS GAGARÍN Desde o seu taller en San Cristovo de Cea, Iris Branco é unha moza artesá que do mesmo xeito que noutros casos de artesáns contemporáneos, tivo unha formación académica en Belas Artes. Sen dúbida, iso incide con claridade na concepción plástica das súas pezas e tamén nos relatos que nos quere contar cando as vemos. Segundo ela mesma define a súa produción: «exporto creacións do meu universo interior desde que son consciente. Busco sentidos, reencontros comigo mesma e invento contos que traballa con cerámicas esmalta- das e en ocasións con pintura ao óleo para rematar as súas pezas». En pezas como os seus corazóns sonoros, delicados e rotundos á vez, preséntanos á vez caixas de música e forma de corazón, a poética dese relato tórnase tanxible e envólvenos con matices que apelan aos nosos sentidos. VERÓNICA MOAR Verónica Moar é unha ceramista coruñesa cuxo traballo parte dunha cerámica utilitaria concibida para hostalería chea de sutileza, matices e esen- cialidade a unha etapa de creación artística na que experimenta coas posibilidades da cerámica no terreo artístico e que a levan a dialogar co contexto natural e a tradición ou a etnografía. Ela mesma afirma que no seu traballo hai un matiz poético e narrativo, nas que sempre existe un relato. Chega de forma máis ou menos casual á cerámica, a través dun taller da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, e, posteriormente, xa inmersa nesta técnica e a súa materia amplía a formación ata Xapón, da man dunha bolsa de Artesanía de Galicia. OJEA STUDIO ojea é tamén o primeiro apelido da ceramista e enxeñeira fundadora de ojea studio. Con só catro anos xa era observadora e descubriu a arte da cerámica. Comezou a asistir ao taller municipal de cerámica da súa vila natal, Nigrán. Observando o mar en movemento, as ondas, os barcos pesqueiros e os guindastres do porto empezou a interesarse pola física e a xeometría. Estudou enxeñería civil na Coruña, París e Londres e traballou como enxeñeira de estruturas en Nova York e Barcelona. Continuou mirando ao redor cos ollos ben abertos e en 2015 fundou ojea studio, onde combina as súas dúas paixóns, enxeñería e cerámica, para deseñar e crear a súa obra. A contorna costeira do sur de Galicia inspira os seus singulares deseños, que son realiza- dos a man un por un de maneira que nunca dúas pezas son idénticas. NACHO PORTO Nacho Porto leva varias décadas de produción cerámica pero cunha continua procura de innova- ción que o levou a aliarse coa tecnoloxía e o futuro que se imaxina cando expón as súas creacións. As súas pezas buscan unha utilidade que se adapte ás novas necesidades dos consumidores, nos que xa desde hai anos se evidencia a indisoluble relación coa tecnoloxía, especialmente coa telefonía móbil. Así os seus altofalantes amplificadores para teléfonos xogan coa adaptación da cerámica a uns usos nunca antes expostos: altofalante, pousa telé- fonos, mans libres… arrincando paradoxalmente da esencia dos obxectos máis primitivos como o corno do animal. Todo iso podémolo apreciar nos seus modelos maxfon, smart dog, pousafon... Nestas creacións percíbese claramente os ecos do surrealismo e ese compoñente lúdico, divertido que se aprecia tanto nas formas como nos seus acabados e decoracións pictóricas. CERÁMICA REGAL No ano 1982 Otero Regal, pon en funcionamento o seu taller regal ceramica na ‘Porta da Vila’ de Viveiro-Lugo, no norte de Galicia. Na actualidade os talleres atópanse dentro do Complexo cultural e museístico ‘regalxunqueira’ de Viveiro. O deseño é a formulación fundamental á vez que a elaboración artesanal tanto no referente á materia prima como no carácter diferencial da súa produción. Toman como base a olería popular e a arte do século xx e optouse por traballar en alta temperatura 1300s con materiais da zona: gres, porcelanas e refrac- tarios, pintadas a man con pincel con deseños e motivos propios. Influencias diversas mediterrá- neas, románicas e étnicas únense a unha simplifi- cación de volumes e motivos que dá orixe a unha síntese creativa propia. Os motivos decorativos optan por un concepto pictórico que sintetiza as vangardas do século xx con marcadas influencias en Picasso. A decoración realízase de forma mixta, con pincel para definir a forma utilizando óxido de cobalto e pinceis de caligrafía xaponesa, e óxido de