Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 507

505 LISTAXE DE ARTESÁNS, ARTESÁS E ARTISTAS VICTOR ARES Victor Ares é un ceramista coruñés premiado tanto a nivel galego como internacional e que nas súas obras sempre manexa unha linguaxe particular nas que a influencia do surrealismo é evidente. Tamén a memoria e conferir unha volta de porca á tradición En obras como frío-quente, finalista do Premio Artesanía de Galicia, 2016, móstranos un prato que garda a calor e o frío do mesmo xeito que as botellas de barro con auga quente para os pés que a súa avoa metía na cama para quentar os pés. Nas súas obras como Hoy comamos y bebamos, fai unha alusión ao pan como un dos alimentos máis antigos cociñados e ademais elaborábase e cocíase utensilios cerámicos. Este ceramista coméntanos que a presentación dos alimentos na nova gastro- nomía é moi importante e os pratos e recipientes que Víctor Ares nos presenta con forma e textura de pan son unha homenaxe ao esencial, e en como produtos como a sardiña o presentan nun humilde anaco de pan. LUCÍA CATUXO Lucía Catuxo é unha ceramista lucense que define as súas pezas como tranquilas. Na casa do Cura, antiga reitoral Vilafernando, estableceu o seu taller e tenda, o seu lugar de traballo pero tamén de vida, de compartir formación e experiencias con colegas e aprendices. O seu paso inicial por un taller de cerámica en Sargadelos foi determinante para elixir a cerámica, apartouse do proceso industrial e deulles valor ás obras feitas á man. Ela define as súas obras como tranquilas, sinxelas, para ser agradables á vista e ao tacto, pero a creatividade e plasticidade das súas pezas cerámicas amplían esta definición e ademais tamén cabe a expe- rimentación, a influencia consciente do mundo oriental e o coñecemento da olería galega. CERÁMICA SUVE Suso Dobao e Verónica Pérez levan dez anos utili- zando a porcelana nas súas creacións cerámicas, todo un reto pola dificultade do material que a diferenza do resto das arxilas. A translucidez e lixeireza deste material resulta clave para estes dous artesáns cando abordan as súas creacións. Os seus deseños enfócanse ao uso da hostalería pero desvinculándose dos acabados industriais. No proceso de traballo coa porcelana descubri- ron que por mor da súa extrema finura as pezas se deformaban no proceso de cocción, e desta maneira converteron esas pequenas imperfec- cións nos seus sinais de identidade. Esas torsións conferíanlle beleza e sobre todo singularidade a cada creación. Tal e como afirman ambos, a falta de control fíxolles crecer e levounos a traballar as pezas unha vez sacadas dos moldes, deformán- doas e alterando os contornos por medio de cortes. Utilizan as cores vermella e negra para as deco- racións, sempre baixo unha cuberta transparente. Esta redución cromática constitúe outro sinal de identidade do seu traballo, así como unha clara inspiración na cerámica xaponesa. Actualmente están a incorporar vidrados opacos ampliando a gama de cores. Levan deseñando vaixelas para restaurantes de alta cociña e chefs tan recoñecidos como Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), Javier Oleiros (Restaurante Culler de Pau), Xosé Cannas (Restaurante Pepe Vieira) , Carme Ruscalleda (Restaurante Moments) e Ramón Freixa. COMOCUANDO Comocuando está formado por Esther Quintas e Pablo. Esther Quintas, licenciada en Belas Artes, é a artesá que lles dá vida tanto a obras cerá- micas como aos seus colgadores. Pezas como estas lévannos ao territorio do xogo, da tenrura e o recordo e converten en especial un obxecto utilitario ligado ás formas humanas, ao territorio da infancia. A presentación comercial das súas pezas está moi coidada desde o punto de vista do packaging e a difusión da súa marca. LAURA DELGADO. CERÁMICA Desde o seu taller en Cambre, Laura Delgado traballa a cerámica para dirixila especialmente ao mundo da hostalería e a restauración. Nas súas pezas reflíctese a influencia oriental e xaponesa. As súas formas e liñas son sinxelas e esenciais, tal e como podemos comprobar no tratamento da cor, os óxidos, os vidrados. En ocasións asómanse formas animais nos seus recipientes que, ademais de influencias exóticas ou locais, nos proporcionan unha lectura divertida ao observalas. MADRIGUERA WORKSHOP Tal e como eles se definen, Madriguera Workshop «é un taller creativo afincado en Galicia, apaixonado polo deseño e a artesanía. O taller foi fundado por Lydia de la Piñera y Luis Llamas en 2012, desde entón deseñan e elaboran pezas únicas, artesanais e creativas. Somos creadores de