Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 381
379
con clara tendencia á utilización dos oficios e os acabados artesanais nas
súas producións, neste caso a prol dun compromiso co medio en clave de
sustentabilidade.
Desde a Antigüidade clásica a artesanía vese abocada a un
papel secundario con respecto ás artes ou saberes considerados maiores.
As nocións de ‘artesán’ e ‘técnica’ forman parte das reflexións dos teóricos
do momento, pero a figura do facedor de obxectos non vai ter unha alta
valoración dentro da polis grega. A artesanía considérase como produción
do necesario, pero ao servizo das necesidades da politeia2. Polo tanto, a
través da técnica aplicada aos oficios, e a unha familiarización na repeti-
ción e transferencia destes, posibilitarase a evolución do ser humano; o
artesán utilizará a técnica como un dominio sobre o medio e a materia,
nun traballo desenvolvido e entendido sempre para a cidadanía, nun sis-
tema entendido como unha transmisión de fórmulas repetitivas necesarias
para a vida social ou doméstica.
Aparece por tanto en Grecia o concepto de techné, que non
se traduce literalmente como técnica. Tanto para Platón como para
Aristóteles a techné está máis nas mans dos enxeñeiros ou médicos que
nas dos oleiros ou tecedoras. En ambos os teóricos clásicos este concepto
lígase á conceptualización das ideas, da ciencia e do coñecemento en
xeral, marxinando a artesanía como formuladora de conceptos.
Esta ponderación clásica das artes e as ciencias vai en detri-
mento do papel dos artesáns na sociedade, e seguirá presente na historia
da súa valoración ata mediados do século xix, e negándoselle a conforma-
ción as bases teóricas que posibilitan esa demanda obxectual. Resultará
evidente como a Academia neoclásica volve a retomar ese mesmo pre-
cepto, relegando as artes consideradas menores a un papel secundario.
A repetición dun mesmo traballo ao longo dos anos ve o seu
exemplo na asociación gremial, o taller, cunha organización perfectamente
establecida xa no período medieval. A estrutura gremial establece unha
relación piramidal de formación e constitúese unha familia de traballo
entre o aprendiz, o oficial e o mestre, os tres graos do artesán. O gremio
está destinado a producir para a colectividade, dun xeito máis ou menos
rápido e eficaz. A partir do Renacemento empeza a xurdir unha nova
valoración de certos mestres artesáns, pois diferénciase a figura do artista
coma un mestre que xa destaca pola orixinalidade dos seus traballos, des-
tinado só a uns poucos privilexiados, os denominados mecenas ou clientes.
Aínda que a organización destes primeiros artistas era moi similar ao gre-
mio, a unicidade das súas obras e o ritmo máis lento no proceso materiali-
zador3 distingue outra categoría que agora vai ver nacer ao creador/artista,
dun xeito autónomo.
Neste sentido a historia divide claramente a arte e a artesanía,
dicotomía sempre presente: artes maiores e menores, artes decorativas,
artes e oficios fronte a pintura, a escultura, a arquitectura… A evolución
do artesán nos séculos posteriores ao Renacemento, desprovisto dun