Mestúrase a manteiga a temperatura ambiente co azucre, a reladura de limón e
o anís, e bátese coas varillas ata que se forme unha masa homoxénea. Vanse
engadindo os ovos un a un ata que estean ligados na masa. Engadir o sal. Incorporar pouco a pouco as fariñas tamizadas co fermento e mesturar ata que non
queden grumos. Verter nun molde tipo coroa e botar un pouco de azucre por encima antes de meter no forno. Meter no forno prequentado a 180º durante 30 ou
35 minutos coa placa inferior e o aire.