•
•
Primeiro vou a explicar como se pode clarificar a manteiga. Aquí en Galicia é
bastante común encontrar manteiga de vaca cocida (que non é o que nos
atopamos das marcas comerciais). Tamén se pode empregar a manteiga de
calquera marca comercial e clarificala.
Para clarificala o que facemos é poñela no lume a baixa temperatura ata que
se derreta e logo váiselle retirando a escuma branca que se forma na superficie, cando xa non quede deixamos que arrefríe e poñémola nun recipiente
para que solidifique na neveira. Temos que facelo unhas horas antes de elaborar a torta ou o día antes. Hai que ten en conta que para facer isto necesitamos máis manteiga, para os 150 g necesitamos uns 200.