Informe Abril 2017 FeSP-UGT Informe Abril FeSP-UGT | Page 7

L

Real Decreto 1364/2010, do 29 de outubro.

Disposición adicional sexta.

1. Poderán autorizarse excepcionalmente permutas entre persoal funcionario en activo

dos corpos docentes cando concorran as seguintes condicións:

a) Que desempeñen con carácter definitivo os destinos que se permutan.

b) Que acrediten, polo menos, dous anos de servizos efectivos con carácter definitivo

nas prazas obxecto da permuta.

c) Que ambos os dous destinos sexan de igual natureza e correspondan a idéntica

forma de provisión.

d) Que os que pretendan a permuta conten respectivamente cun número de anos de

servizo que non difira entre si en máis de cinco.

e) Que se emita informe previo favorable pola unidade administrativa da que dependa

cada unha das prazas.

2. Cando a permuta se pretenda entre prazas dependentes de Administracións

educativas diferentes será necesario que ambas as dúas o autoricen simultaneamente.

3. No prazo de dez anos, a partir da concesión dunha permuta, non poderá autorizarse

outra a calquera das persoas permutantes.

4. Non poderá autorizarse permuta entre persoal funcionario cando a algún deles lle

falten menos de dez anos para cumprir a idade de xubilación legalmente establecida.

5. Deixaranse sen efecto as permutas se nos dous anos seguintes á data na que teñan

lugar se produce unha excedencia ou xubilación voluntaria dalgunha das persoas

permutantes.

6. A quen se autorizase a permuta non poderá participar nos concursos de provisión de

postos ata que non acredite, polo menos, dous anos de servizos efectivos, a partir da

data da toma de posesión, na praza á que se incorporou como consecuencia da

concesión da permuta.

http://www.edu.xunta.gal/portal/permutassecundaria

07

BOLSA DE PERMUTAS

exislación

ACTUALIZACIÓN DA

PERMUTAS