Informe Abril 2017 FeSP-UGT Informe Abril FeSP-UGT | Page 6

onvocouse concurso

de méritos para

seleccionar as direccións dos centros que

rematan o seu mandato no actual curso académico 2016/17 e non solicitaron a correspondente

prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario

ou accidental.

REQUISITOS

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun

centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei

orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou

funcionario na

función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de

polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta.

Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación

educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo

dependente da Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria.

PRAZO

Ata o 6 de abril.

ORDE do 8 de marzo de 2017 pola que se convoca concurso de méritos para

a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos.

C

Concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos .

06

DIRECCIÓN DE CENTROS