I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media I+D Media 3.0 AC | Page 11

As súas esculturas

Ten tres portadas. Deles destaca a occidental ou principal. Nela atopamos un rosetón e, no tímpano da porta, unha escena da Epifanía, con arquivolta interior onde os doce Apóstolos aparecen en disposición radial. É tamén interesante o cruceiro que a precede, pois trátase dun dos máis antigos de Galicia.

A portada situada ao lado norte do edificio, simétrica á anterior, presenta unha escena que podería corresponder ao martirio de Santa Catalina, a xulgar polas rodas que rodean á figura principal.

O relevo da porta principal é un medio relevo. Está enriba da porta e representa a escena da Epifanía de Deus, que é a festa cristiá que recorda que Xesús, o Fillo de Deus, toma presenza humana na terra e dáse a coñecer a toda a humanidade.

Divídese en tres partes:

1. A exterior, que é o marco do relevo.

2. A do medio, na que aparecen aos apóstlos.

3. A inferior, na que podemos contemplar á Virxe María que ten no seu regazo ao neno Xesús. A un lado están os tres Magos e ao outro San Xosé. A expresión corporal representa alegría, aínda que debido a que é arte románico non se distinguen moito os xestos.

A cidade medieval

11