A cidade medieval
10
A Colexiata de Santa María
A Colexiata está situada na cidade vella da Coruña, na Praza de Santa María.
É unha pequena igrexa construída no século XIII que presenta elementos románicos e góticos.
Como elementos do románico distínguense a súa forma maciza e un reducido número de fiestras estreitas e pequenas. Doutra banda, como elementos góticos podemos destacar o rosetón no medio da fachada principal e as vidreiras das fiestras dos laterais.
Establecida na Praza de Santa Maria, foi unha das parroquias máis importantes da zona. Na época da súa construción atopábase fóra dos límites da cidade, feito ao que debe a denominación «do Campo».
No ano 1441, o arcebispo de Santiago de Compostela converteuna en «colexiata» e, no ano 1494 o Papa concedeulle o título de abadía.
Declarada de Interese Cultural en 1931, actualmente é un dos maiores atractivos do casco histórico coruñés.
Unha igrexa nos arredores
Como se atopaba fóra da cidade, o seu nome foi «Santa María do Campo»