Webquest
Hábitos saudábeis 07
Este é un recurso onde vos podedes entreter e aprender novos contidos sobre a alimentación. Proporcionámosvos unha variada serie de enlaces web con información que vos servirán de axuda para poder elaborar, en grupos de catro persoas, un menú saudábel que o poderedes aplicar no voso día a día.
Tras facer isto, realizaredes unha comparación onde reflexionaredes, individualmente, a vosa dieta cotiá co menú que acabastes de elaborar.