A alimentación saudable e equilibrada é un pilar fundamental da nosa saúde. Unha boa nutrición considérase aquela que incorpora os distintos nutrientes e grupos de alimentos, cuxas cantidades e frencuencias están proporcionadas de acordo coas necesidades de cada persoa nos distintos momentos evolutivos. Ter unha correcta nutrición é unha condición indispensable para o desenvolvemento físico, psíquico e social adecuado.
A dieta equilibrada contén alimentos variados en cantidades adaptadas ás nosas condicións persoais. No noso país, a alimentación equilibrada e saudable é tradicionalmente a denominada dieta mediterránea.
Alimentación