Historia. Estudamos o pasado; Cambiamos o futuro Xaneiro 2020 | Page 4

3

SUMARIO

OS MISTERIOS DA PINTURA RENACENTISTA

Cuantioso e asombroso, dous adxectivos que podemos outorgar aos autores renacentistas en canto ao patrimonio legado. Deixáronnos tamén,se cadra, alguhas preguntas sen respostar.

PÁXINA 5

FESTAS POPULARES

Aínda no século XXI seguimos a desfrutar de traxes rexionais, cantigas populares e constumes ancestrais. Dentro do ámbito das festas populares, tamén existen aquelas nas que recreamos, con máis ou menor rigor histórico, acontecementos de séculos pasado, coma en Moeche ou en Baiona.

PÁXINA 13

ARQUITECTURA PLATERESCA

Aquel estilo isabelino de finais do século XIV, reminiscente do gótico, evolucionou cara ó plateresco, que sería xa o primeiro estilo de connotacións renacentistas en España. PÁXINA 15

ARTE RENACENTISTA EN GALICIA

O noroeste da Península Ibérica tampouco quedou á marxe das novas tendencias artísticas que propagaba Italia cara toda Europa. Arquitectura, escultura e pintura foron tres áreas das que atopamos na nosa Galicia, claros e frecuentes exemplos do Renacemento, aínda que aquí, a arquitectura estibo sempre moi próxima á tradición, ás formas, preceptos e simbolismos do século XV. PÁXINA 17

AMÉRICA e AS INDIAS

Sen dúbida, un dos factores que fixo posible o éxito de Aragón e Castela dentro do panorama europeo, e polo tanto causa da hexemonía hispánica durante a monarquía dos Habsburgo, foi a "descuberta" de América no 1492, e a posterior ocupación e explotación das súas riquezas. Fenómeno non exento de crítica, pois a explotación destes recursos fíxose a través de dura conquista contra os seus habitantes.

PÁXINA 20

FELIPE II ENVÍA Á ARMADA CONTRA INGLATERRA. 1588

A monarquía hispánica dos Habsburgo enfrontouse a numerosos problemas tanto dentro dos seus propios territorios -coma os intentos de independencia de Flandes ou a Revolta dos Comuneiros de Castela- coma externos. Dentro destes últimos, destacou o enfrontamento contra a Inglaterra de Isabel I, que apoiara á loita pola independencia das Provincias Unidadas. PÁXINA 28