Historia. Estudamos o pasado; Cambiamos o futuro Xaneiro 2020 | Page 3

EDITORIAL

O paso do século XV ao XVI é visto polos historiadores coma unha ponte, uns anos de cambio que deixaron atrás as vellas monarquías autoritarias, o estilo gótico, anos de crise económica e social e, en última instancia, a unión relixiosa de Europa Occidental, para deixar paso a unha nova era. Foi o XV o século do Humanismo e do Renacemento, da difusión das novas ideas vencelladas á razón a través da nova imprenta, anos dunha ilustración anticipada nos que a visión da muller e do home coma centro do universo foi sustituíndo ao teocentrismo medieval.

Foi neste momento no que Erasmo de Róterdam, neerlandés, filólogo, filósofo, teólogo e, sobre todo, humanista, publica Elogio de la locura, cando as mentalidades europeas cambian e forman o clima propicio para os grandes cambios que chegarían. En España, Carlos I chega ao trono de Castela herdando do seu pai os dominios dos Habsburgo e configurando un Imperio que incluía tamén os territorios americanos. Xusto un ano despois, en 1517 Martín Lutero publica as súas 95 teses expoñéndoas na porta da catedral de Wittenberg, favorecendo a separación da Igrexa de Roma en múltiples ramas que causarían numerosos conflictos bélicos, políticos e sociais ao longo de todo o século XVI e parte do XVII, coma a formación da Liga Smalkalda polos príncipes alemáns contra Carlos V, a Guerra dos 80 Anos (1568-1648), a separación de Inglaterra coa creación do anglicanismo por Enrique VIII ou as guerras entre hugonotes e católicos en Francia, que remataría coa sustitución da casa de Valois no trono francés polos Borbóns, trala célebre frase de Enrique III "París ben vale unha misa". Ante este clima, os Otomanos presionaban á Europa cristiá, por mar e terra.

Este foi un período de inestabilidade en moitos aspectos, pero curiosamente foi aprobeitado polas monarquías para centralizar o poder non seus reinos, sendo sustituida a monarquía autoritaria dos séculos anteriores pola nova monarquía absoluta que perviviría, relativamente sen incidentes, ata a Independencia das 13 Colonias en 1776 e a Revolución Francesa de 1789. Tamén sería a época do Renacemento clásico, de Tiziano, Miguel Anxo ou Brunelleschi. Tamén, xa ao final da centuria, de Quevedo e Cervantes. Este XVI sería, canto menos, un século de cambio.

O profesor

2