Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | 页面 5

público e pola apoteose do final, onde Diplomáticos e Rastreros tocaron xuntos “A vida de Xan”. Naquela altura, os Rastreros estaban conformados por Richi (batería), Helétrico (voz principal), Óscar o “Gaitas”, Xulio de Esmoriz e Killo. No tocante aos Diplomáticos, Rómulo Sanjurjo trebellaba no alcordeón, Xurxo Souto era a voz principal, Guni Varela o guitarrista, Mangüi Martín no baixo e Pulpiño Viascón o bateria. A aventura continuou ao día seguinte. Outra banda de Chantada os Kulimanhas puñan de relevo o fervedoiro de bandas que era a Chantada daqueles anos. Seguíronlles desde o Morrazo KAOS co seu punk frenético, cuxa alma mater, Suso, formaría logo SOAK con temas como “Puta fina” ou “Carrero Blanco” antes de disolverse na virada do milenio, mais deixando en impronta en outras bandas da actualidade como Tiro na Testa de Don Ramiro (Lalín). E tamén, se contou cun grupo de Death Metal chamado Sepulcro, banda moitas veces esquecida cando se fala daquela época quizais por facer un estilo demasiado adiantado para a Galiza daquela altura. Hoxe existen numerosas bandas de metal, aínda que o público e os festivais centrados nese estilo seguen a ser poucos, con algunha notábel excepción. Concerto de Rozando Nos Toxos (RNT) Nesa segunda xornada celebrouse, igualmente, o I Concurso de Xuramentos, unha aposta por recoller a expresión oral máis extrema e visceral da cultura popular e cuxo gañador foi o vocalista de Rozando nos Toxos Fernando Otero. O premio era unha ducia de chourizos, un garrafón de viño e unha peza de pan de Cea e constituíuse nun dos actos estrela da primeira edición do festival, aínda que debido aos ataques da prensa e da dereita suscitou innumerábeis protestas. Precisamente, cando se retomou o festival en 2007 (a edición V) Marcos e Roberto Otero (irmáns de Fernando