Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 21
edición 100% galega, demostrándose outra volta que un festival podía ter unha grande magnitude se
se apostaba polas bandas galegas con maior repercusión. Anos despois, en 2014, o festival
Revenidas de Vilaxoán repetiría esta aposta pola música galega nun festival de dous días que foi
tamén moi sucedido do ponto de vista da afluencia de público.
O spot desta volta exploraba vieiros máis surrealistas e aproximouse ás dúas mil visitas,
continuando coa tradición de converter a parte dos organizadores en protagonistas22. Radio Falo
anunciaba un estraño andazo que concluía que o Castañazo-rock era, outra vez, unha cita á que
ninguén debería faltar, o único remedio era o “Castañizol”.
Canto ás bandas, significou o regreso de bandas históricas da primeira etapa do Castañazo-rock,
como Os Papaqueixos d'A Cruña, explosiva aposta polo folque e o rock, cuxo espírito recuperaría
Ultraqäns. Ou como os Diplomáticos de Monte Alto, que retomaran en Allariz a súa formación
histórica e visitaron o Castañazo-rock en 2012 encontrándose cos mellores anfitrións: os Rastreros
de Chantada. Fechaba este cartaz 100% galego a electrizante banda de Maceda de Trives, os
Cuchufellos, que son tamén pura actitude bravú. E, por último, tiven a honra de participar xunto
aos meus compañeiros de Liviao de Marrao no noso primeiro grande festival (a banda formouse a
finais de 2010 e deu o seu primeiro concerto en maio de 2011). Chantada segue tendo canteira e,
para perder constantemente poboación, está sendo un fervedoiro de grupos (The Niggas, Terror
Erótico Adolescente, Los Televisores...).
22 O spot pode consultarse na seguinte ligazón: http://www.castanhazo.com/2012/Inicio.html#navegador