Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 20
(2010), A discordia nas Rías Baixas (2002), Fragasaurus Rex (2004)... E contamos co pop-folc dos
Guezos, que en 2001 editaron o seu primeiro traballo discográfico de nome homónimo.
IX CASTAÑAZO-ROCK (2011): RITMOS MAXIARES E CONTINUANDO POLO REGUEIRO DO ÉXITO
A novena edición contou como revelación coa banda húngara dos Bohemian Betyars, pura
dinamita e mestura de estilos nun directo contundente e sen descanso. Acompañounos unha banda
clásica do panorama do rock estatal, os Reincidentes, que, no entanto, ofreceron unha versión que
deixou e nxergar certo desgaste, mais que igualmente fixo as delicias dos seus seguidores, moitos
deles chantadinas e chantadinos (xa que foi unha das edicións en que se venderon máis entradas na
nosa vila). Desde Madrid chegaba o grupo nado en 1994, Habeas Corpus, que presentaba o seu
novo traballo O todo o nada, en que comezaba a súa exploración de novos estilos para o seu punk
hardcore cheo de compromiso e denuncia social. Tamén de Madrid chegaban The Lokos, banda
nacida en 2006 e que conta entre os seus membros con integrantes de Ska-P.
Entre as bandas galegas pasaron por esta edición Skarallaos, que traían desde Culleredo unha
mestura de ska e reggae para non deixar a ninguén indiferente. E desde Vigo chegaron os
Falperrys, proxecto que recolleu parte da herdanza de Motor Perkins. Cantos da taberna desde os
influxos da música tradicional irlandesa e galega, polo ronsel do atlantismo de Radio Océano e a
revista La Naval.
A edición completouse cos IV Xogos Bravús con probas como o “arrebolamento de ourizos” ou o
“movemento de marcos”; o magosto; o II Concurso de cantos de taberna, que consolidaba a
continuidade desta actividade nada a raíz dunha palestra de Xurxo Souto nunha edición anterior; o
IV aberto de billarda; e o II Castañazo infantil a cargo d' Os tres tenedores.
O spot, máis unha edición baixo a dirección de Alfredo Pardo e Chantada Films e gravado por Ana
Ortega, contaba os amoríos dunha duquesa e un duque que remataron no Castañazo-rock a ritmo
dos olívicos Falperrys20. Superou as 2000 visitas.
X CASTAÑAZO-ROCK (2012): SEMPRE NO ROCK BRAVÚ21
A décima edición do noso festival tiña que, necesariamente, voltar ás súas orixes, ao movemento
musical máis relevante para a música galega moderna: como non, falamos do bravú. Foi unha
20 O clip pode verse na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=V-WsecPJetY
21 Site da X edición dispoñíbel aquí: http://www.castanhazo.com/2012/Inicio.html#navegador