Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Seite 29
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
Sección II: Da Asemblea Xeral
Artigo 18. Definición e funcións.
As Asembleas Xerais son órganos de coordinación a nivel comarcal que teñen como
obxectivo:
•
•
A elección dunha representante de cada localidade ou comarca que quedará
integrada con voz e voto na Coordinadora Nacional.
A coordinación do traballo de varias asembleas dunha mesma comarca de cara a
mobilización ou accións que se desenvolvan neses territorios e/ou que precisen
dun alto grao da mesma.
Artigo 19. Convocatorias.
Serán convocado ás Asembleas Xerais o conxunto do estudantado da localidade ou
comarca e publicados de cara ó mesmo os acordos adoptados.
Sección III: Da Coordinadora Comarcal
Artigo 20. Definición e composición.
A Coordinadora Comarcal é o órgano de canalización do debate e coordinación a nivel
comarcal de Estudantes sen Futuro.
Está composta polas responsables de organización de todas as asembleas de base dunha
mesma comarca así como unha compañeira adicional por cada asemblea elixida por cada
estrutura de base. Formará tamén parte desta coordinadora aquela persoa que sexa
elixida pola Asemblea Xeral da comarca para representar á mesma na Coordinadora
Nacional.
Artigo 21. Convocatorias.
A Coordinadora Comarcal reunirase obrigatoriamente antes de cada xuntanza da
Coordinadora Nacional. Nela as responsables de cada asemblea de base transmitirán ó
enlace coa Coordinadora Nacional os posicionamentos, dúbidas, propostas, etc de
cadansúa asemblea para que este se encargue de elevalos.
29