Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 28
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
A constitución das asembleas de base será aprobada nas Asembleas Nacionais ou en
calquera reunión da Coordinadora Nacional.
Artigo 14. Composición.
As asembleas de base quedarán constituídas a partir de catro membros e deberán
nomear, como mínimo, unha responsable de organización que será a encargada de
convocar e tomar acta das reunións da asemblea, coordinar o traballo das integrantes da
asemblea, elevar os debates e acordos da asemblea aos órganos superiores e transimitir
ás e aos membros da súa asemblea de base o acordado polos demais órganos.
Artigo 15. Convocatorias.
As asembleas de base xuntaranse con carácter ordinario un mínimo de dúas veces ao
mes, entendendo isto como unha cuestión flexible.
A convocatoria das xuntanzas corresponde á responsable de organización da asemblea en
cuestión, de común acordo co resto de membros da organización.
As convocatorias deberán ser realizadas e enviadas á Coordinadora Nacional cun prazo
mínimo de 48 horas para as xuntanzas ordinarias e indeterminado no caso das
extraordinarias. Nas convocatorias deberá figurar a orde do día e a documentación a
debate de habela. A orde do día estará suxeita a modificacións aprobadas pola maioría
relativa da asemblea.
Artigo 16. Funcionamento.
As asembleas de base funcionarán en plenario de todas as e os membros da organización
ás que lles corresponda esa asemblea en cuestión.
De todas as xuntanzas levarase acta de acordos que será aprobada na xuntanza ordinaria
inmediatamente posterior. As actas deberán ser distribuídas nun prazo breve ao
conxunto de membros da asemblea de base e ás responsabilidades permanentes da
Coordinadora Nacional.
Artigo 17. Función.
Serán funcións destas asembleas aplicar ao seu ámbito de actuación aquelas decisións
tomadas democráticamente polos órganos superiores de Estudantes sen Futuro,
entendendo isto último con flexibilidade. Nas cuestións que afecten ao seu centro de
estudos, localidade ou comarca, as asembleas de base teñen absoluta autonomía para
tomar as decisións que consideren axeitadas sempre que estas non entren en ningún
caso en contradición coa liña aprobada pola Organización.
28