Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 26

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" Artigo 9. Dereitos. Os dereitos que lle corresponden aos membros de Estudantes sen Futuro son: - Ser convocadas ou convocados en tempo e hora a todas as xuntanzas de órganos que se celebren, e que lles afecten. - Elixir e ser elixidas ou elixidos para a Coordinadora Nacional e para algunha das responsabilidades individuais que existan na asemblea de base que lles corresponda. - Participar na elaboración da política de Estudantes sen Futuro e intervir libremente sobre todos os problemas das asembleas de base ou do resto de órganos aos que pertenzan. - Facer propostas sobre calquera cuestión que considere de interese xeral aos diferentes órganos. - Estar informado polos órganos pertinentes tanto da liña política da organización, das actividades que está a levar a cabo ou vai levar a cabo a mesma, como da situación interna e externa de Estudantes sen Futuro. - Supervisar politicamente o traballo levado a cabo polas e polos diferentes responsábeis das Asembleas de Base, da Coordinadora Nacional, ou das diferentes Comisións de Traballo de habelas. - Recibir a formación necesaria para poder realizar unha intervención positiva no movemento estudantil. - Defenderse persoalmente en calquera tipo de proceso sancionador. - Recibir asesoramento e apoio da organización nos asuntos relativos á súa acción ou actividade estudantil. Artigo 10. Deberes. Os deberes dos membros, para e coa organización, son: - Respectar e levar a cabo o disposto nos presentes Estatutos. - Participar regularmente nas asembleas de base xa sexan de centro ou locais/comarcais. - Participar regularmente nas accións do conxunto da organización. - Levar a cabo dilixentemente as funcións dos seus cargos no caso de ser elixido para unha responsabilidade individual. - Desenvolver e aplicar en todos os ámbitos do seu centro de estudos os acordos e a política adoptada no seu da organización. - Respectar a pluralidade interna da organización, así como as compañeiras e os compañeiros. - Traballar de maneira individual na formación propia para adquirir os coñecementos necesarios para intervir no movemento estudantil. 26