Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Página 25
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
TÍTULO II OBXECTIVOS E PRINCIPIOS.
Artigo 6. Fins e obxectivos.
Os fins de Estudantes sen Futuro son os seguintes:
- Traballar pola conquista dunha Educación Secundaria Pública nos termos definidos nas
Teses Políticas.
- Defender, promocionar e ampliar os dereitos das e dos estudantes a través da acción
institucional e de masas.
- Asumir e defender aquelas reivindicación das e dos estudantes sempre que non se
opoñan aos intereses e fins de Estudantes sen Futuro.
- Fomentar a participación do estudantado nas estruturas propias do seu centro,
aportando así os intereses do alumnado á hora de establecer as políticas que rixan dito
centro.
- Impulsar a participación, a conciencia e a organización das estudantes galegas e dos
estudantes galegos para reforzar as súas estruturas de loita.
- Promover a coordinación e a unidade do movemento estudantil do Estado español.
- Vincular a loita estudantil por unha educación pública, laica e de calidade con outras
loitas sociais que tamén afectan ás e aos
estudantes.
Artigo 7. Principios organizativos.
Os principios organizativos nos que se sustenta Estudantes sen Futuro son a democracia,
o asemblearismo, o pluralismo e a autonomía; como se expón nas teses organizativas.
TÍTULO III DOS MEMBROS.
Artigo 8. Condición de membro.
Poderán formar parte de Estudantes sen Futuro aquelas alumnas ou aqueles alumnos de
calquera centro de educación secundaria público galego, que participen na actividade
orgánica da organización, e sexan recoñecidas como membro da mesma pola asemblea
de base que lles corresponda.
É incompatíbel a participación en Estudantes sen Futuro coa militancia noutra
organización estudantil de carácter político.
25