Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | страница 4

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 Serán debatidas as emendas enviadas ó correo [email protected] antes do mércores 30 de maio ás 23:00h. As emendas serán debatidas pola Comisión Redactora dos documentos e ésta poderá decidir aceptar as que considere oportunas (sen isto significar que non sexan debatidas na Asemblea) A Coordinadora Nacional elixirá unha mesa presidencial formada por tres persoas que levarán as funcións de secretaría, vicepresidencia e presidencia. O emendante defenderá a súa emenda fronte o plenario. Unha vez defendida a emenda, un membro da Comisión Coordinadora defenderá o texto. Cada defensa non poderá superar os 3 minutos. Se a mesa o considera convinte, poderase iniciar unha segunda rolda de defensa. Calquera persoa con voz pode defender algunha emenda ou, no seu defecto, o texto. Pasarán aos documentos definitivos aquelas emendas que teñan un maior número de votos a favor da emenda que a favor do texto ou abstencións. No caso de haber maior número de abstencións que de votos a favor do texto ou da emenda; farase unha segunda rolda de argumentacións, pasando ao texto a emenda se o número de votos a favor é superior ao número de votos en contra. Se, despois desta segunda rolda, o número de votos a favor da emenda é igual ao número de votos a favor do texto, a emenda será decaída. Non serán consideradas válidas aquelas votacións nas que o número total de votos non supere o 50% das asistentes con voto. 4. Elección de novas persoas responsables nacionais. No transcurso da Asemblea Nacional, constituirase unha Comisión de Candidaturas. Esta comisión terá como obxectivo presentar unha lista de persoas dispostas a asumir as responsabilidades nacionais de Estudantes sen Futuro. Estará conformada a comisión por un ou unha representante de cada comarca de ESF e por un ou unha responsable nacional. A lista saída dos debates na Comisión de Candidaturas será votada en secreto polo conxunto da Asemblea Nacional. En caso de non conseguirse un acordo para unha lista única, a Comisión poderá presentar dúas ou máis listas entre as cales se realizará a votación. Ningunha persoa poderá figurar en máis dunha lista de candidatos ou candidatas. Unha vez realizada a votación, a Mesa da Asemblea proclamará o resultado da mesma. 4