Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 3
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
1. Composición da Asemblea Nacional
A I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro será de carácter plenario e estará
formada polo conxunto das e dos membros da organización que así sexan recoñecidos
polas súas respectivas asembleas de base ou Coordinadoras Comarcais.
Poderán ser recoñecidas como membros de ESF:
- Aquelas persoas que estean matriculadas nalgún centro de educación secundaria
público galego no curso 2013-2014.
Non poderán ser recoñecidas como membros de ESF:
- Aquelas persoas que militen noutra organización estudantil de carácter político.
- Aquelas persoas que un mínimo do 60% da asemblea considere que non deben ser
recoñecidas como tal. Os diferentes casos poderán ser ratificados pola Coordinadora
Nacional, se así o desexa a afectada.
Terán voz e non voto aquelas persoas que non sendo recoñecidas como membros de
Estudantes sen Futuro sexan convidadas por algunha das asembleas ou pola Coordinadora
Nacional con anterioridade. As convidadas deben contar apoio de máis do 50% da
asemblea ou na reunión da Coordinadora Nacional na que se sexa proposta a súa
invitación.
2. Documentación a debate
Os documentos que serán expostos a debate estarán organizados en catro bloques
segundo o seu contido, por orde de debate:
•
Normas: Establecen os requisitos e as regras para poder participar na Asemblea
Nacional de Estudantes sen Futuro.
30
31
•
Teses políticas: No que se realiza unha análise política da situación actual do
ensino, das estudantes e do movemento estudantil.
32
33
•
Teses organizativas: Onde se expoñen os principios de funcionamento interno e a
estrutura interna da organización.
34
35
•
Estatutos: Establece os principios que rixen e sobre os que se levanta a
organización.
36
37
38
39
40
41
42
3. Procedemento do debate
Durante a Asemblea Nacional, levarase a cabo un proceso de debate no cal se debatan
emendas aos borradores presentadas con anterioridade polos membros da organización.
3