Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 13
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
3.4. A necesidade de unir loitas.
A ninguén se lle escapa hoxe en día que todas as loitas que se dan no Estado español
comparten un denominador común. Os conflitos obreiros, as loitas estudantís, a loita en
defensa dosservizos públicos ou das pensións son expresión da contradicción de intereses
que existe hoxe en día entre unha minoría cada vez máis rica e a gran maioría social.
Historicamente, os grandes cambios sociais viñeron sempre dados pola acción
fundamental das traballadoras e os traballadores. É por iso que para o estudantado
resulta importantísimo apostar por unha alianza firme coa clase obreira e as capas
populares.
Achegándonos e apoiando ás loitas que se dan nos nosos barrios, nas nosas vilas ou nas
empresas onde traballan os noso pais e as nosas nais, seremos capaces de concienciar ó
conxunto da sociedade sobre a importancia da defensa do ensino público. A conquista da
educación que queremos pasa por estreitar os lazos que nos unen coa clase traballadora
e o pobo en xeral, especialmente no ámbito da mocidade.
Inciativas como a Alianza Social Galega (coordinadora de sindicatos, movementos sociais
e demais asociacións) ou as asembleas xurdidas ó calor das Marchas da Dignidade
(máximo expoñente da unidade das loitas) son espazos nos cales deberemos elevar a
problemática do ensino medio en Galicia e en torno ós cales apostaremos por construír
un lazos de unión fraternais co resto do pobo.
13