Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 12
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
organizadas en Estudantes en Movemento pode sernos de gran utilidade para ir
construíndo a unidade estudantil que tanto buscamos. Por iso dende Estudantes sen
Futuro cremos necesario profundizar, sempre en pé de igualdade e respeto, nas nosas
relación de cooperación con Acción Universitaria a todos os niveis.
No relativo ás organizacións de carácter unitario, atopámonos coa existencia de dúas
plataformas en defensa do ensino público. Unha encabezada polas Comisións Obreiras e
outra pola Central Intersindical Galega. O feito de que ata o de agora non fose posible
acadar unha mínima unidade de acción entre ambas plataformas sen dúbida contribuíu a
mermar as forzas do movemento en defensa da educación pública.
Por último, cómpre destacar o traballo que está a facer en Galicia a plataforma
Queremos Galego. Trátase dun espazo de loita pola superación da diglosia que hoxe en
día se vive entre o galego e o castelán. Estudantes sen Futuro comprométese a
participar das mobilizacións impulsadas por esta plataforma á vez que fai da defensa da
lingua galega un dos piares fundamentais da súa acción.
3.2. Estudantes en movemento:
A nivel estatal, a rede de Estudantes en Movemento está a acadar un gran peso no
movemento estudantil. Con presencia en prácticamente todas as zonas do Estado, EeM
comeza a consolidarse como un espazo de confluencia útil para o estudantado. Trátase
dunha rede organizada en defensa dun ensino público, laico e de calidade que trata de
vencellar as loitas estudantís coas demais loitas sociasi que se dan no Estado español.
Estudantes sen Futuro reafirma a súa aposta polo traballo dentro de Estudantes en
Movemento e marcámonos os seguintes obxectivos:
1. Asegurar o traballo dunha persoa en cada Comisión de Traballo de Estudantes en
Movemento. EeM debe comezar a traballar cunha maior autonomía para gañar en
utilidade. As persoas que entren a traballar nas Comisións de Estudantes en
Movemento serán a ponte que una a nosa organización coa Rede.
2. Incrementar a nosa participación nos Encontros de EeM, debatindo seriamente os
documentose participando nos mesmo na medida das nosas posibilidades. EsF
debe deixar de ser alleo ós debates que se dan a nivel estatal.
3.3. A unidade do movemento estudantil.
Os continuos ataques que está a sufrir o estudantado galego, non atopan unha resposta
contundente e á altura das circunstancias pola desunión do movemento estudantil.
Partimos da base de que a loita por un ensino público, laico, de claidade e en galego
está por enriba das diferencias ideolóxicas, estratéxicas e tácticas. É por iso que a
aposta de Estudantes sen Futuro é a da construcción dun sindicato estudantil galego
único, plural e democrático capaz de axuntar no seu seo ó conxunto do estudantado
disposto a loitar independentemente da súa concepción do mundo.
12