UN DÍA NO XEO
Hoxe fun ao Coliseum, na Coruña. Fun porque a miña irmá e un amigo me dixeron se quería ir patinar sobre o xeo; eu dixen que sí, por suposto. Cando estábamos alí, vin que había pingüins! Pero de plástico, claro. O que non me gustou tanto foi caer tantas veces. Despois fomos ao McDonalds a tomar patacas, hamburguesas, refrescos… En resumen, paseino xenial.
Manuel Mato
A FANTASÍA
O outro día, miña curmá Lucía contoume que viu un vampiro. Eu non a crin porque a fantasía é algo no que tes que crer ti, e se non cres, a túa vida non será fermosa. Pero… sinceramente, os vampiros non existen.
Irene Ferreiro
A BOMBA
Un día, no camping, estaba na praia e decidín facer unha cousa impensable, tirarme dende unha rocha de tres metros. Pregunteille a miña nai e díxome que sí. Entón subinme e tireime de bomba, foi xenial.
Marcos Muíño
UN PARTIDO DE FÚTBOL
O luns vou xogar un partido de fútbol ao Burgo. Xogamos contra o Pastoriza, un equipo fácil de gañar. Xógase á oito en punto pero eu teño que ir ás sete para que nos dean as camisetas e tamén para concentrarnos. Ás sete e media saímos ao campo para quentar ata que empeze o partido.
Sergio Ansede
A PRAIA
De pequena un día fun á praia con toda a miña familia. Aburrinme tanto que me subín a unha pedra moi grande e caín. Sangrei pola boca, o nariz, os xeonllos e os cóbados.
Julia Cazón
A MIÑA CADELA
A miña cadela chámase Luna, é pequena pero moi grande á vez. É de cor marrón e co pelo bastante longo, pero como a miña tía é perruqueira de cans, sempre anda peiteadiña.
Lucía Patiño
MEU CAN MAX
Meu can Max é moi divertido e cariñoso. Sempre que vou á finca el venme saudar. Moitas veces xogo con el á pelota e corre moito. Encántame estar con Max.
Eva
E. FÍSICA
O venres da semana que vén hai que facer uns bailes. Lucía, Eva, Sara e eu fixemos un grupo e imos elixir unha canción; ainda que polo de agora non a decidimos. Acordamos ir ás casas das compañeiras para practicar os pasos de baile.
Aguasanta Rodríguez