... de nen@s para nen@s... xuño 2013 | Page 17

A PAZ

O que vou contar é realidade, non ficción, o que hai que poñer no día a día. A paz é unha palabra curta, pero cun significado enorme. Cando che preguntan onde hai que poñer paz ti pensas na guerra, nas persoas que pasan fame, na xente pobre, pero tamén hai que poñer paz no teu día a día e levarte ben cos que te rodean.

Victor Estraviz

MEUS CANCIÑOS

Dende que tiña dous anos quería un canciño. Eu chamáballe ou ben canciño ou ben babao.

Era época de Reis Magos así que o pedín. Trouxéronme un can branco e outro marrón. A un chameille Lula, porque meus pais tiñan un amigo que tiña unha cadela chamada así. E a outra chameille Jessica, porque era o nome da rapaza que me gustaba. Acordeime dela porque tiña a pel da cor da cadela. Agora teño once anos e, o primeiro, xa non me gusta Jessica, que teño moza. E xa non durmo con eles porque son alérxico e porque… xa son maior.

Tomas Álvarez

OBRADOIRO DE LÍNGUA 5º A

O FOGAR

O fogar é onde tes a túa familiae amigos, onde a xente te aprecia e te quere. E sobre todo te axudan nos momentos de dificultades.

O fogar é o mellor lugar do mundo.

Martín Omil

DÉPOR

Hoxe é 6 de abril, e xoga o Dépor en Riazor. Eu fun a velo, o resultado foi positivo, 3-2 para o Dépor, que se coloca no posto 18, a un punto do seguinte equipo.

María López.

A MIÑA OVELLA

Na miña aldea teño unha ovella chamada Luceira, é grande, ten a pelaxe suave, unha boca enorme, unhas patas curtas pero fortes, un rabao gracioso e, o que a fai moi particular, son as manchiñas negras que ten por toda a súa cariña.

María Berdeal