Audio-poemas para celebrar o "Día da árbore" Día da árbore | Page 5
Kevin
Quen te sembrou tan bonitiño
quen te fixo tan galante
quen te enderezou tan feitiño
quen te vestiu tan flamante. Cando vexo o monte queimado
choro de pena e rabia
non podo estar calado
ante tanta barbarie
Érgueste da terra con forza
agarrado a ela e o vento
vento que debuxa nas follas lorzas
e quere levarchas nese intento Ás veces teño coraxe
de ver como te tratamos
volvémonos uns salvaxes
e moi pouco te mimamos
Os pequenos xogamos contigo
trepamos polas túas pólas
e ti sempre sorrindo
sen ter unha mala mirada Dásnos sombras se fai sol
dásnos abrigo se chove
sempre fas algo por nós
moito temos que agradecerche