Audio-poemas para celebrar o "Día da árbore" Día da árbore | Page 4

Caen as follas no verde chan, os castiñeiros queren botarlle unha man, para esta terra de Galicia salvar, e a nosa historia mellorar. “ As árbores” Árbores cheas de música, cheas de ledicia para animar, cheas de paxaros que saen voar, e os seus froitos aproveitar. Todos as árbores xuntas están, para con esta natureza non acabar, e así moita flora poder conservar, e á beira do río poder gozar. Debaixo do souto sombra ter, para un pouco poder ler, e así a luz do sol adormecer, e un bo rato vai acontecer. Nunca un lume facer, xa que moi malo vai ser, e os demais da natureza, xamais teremos que aborrecer. Claudia