A voz de Sabón Carla López Iglesias e Óscar Cabrejo comunicación | Seite 6

    PARTE NA QUE SE DA DE CONTA DE QUE O AMANTE FOI  CONDENADO    Hoxe foi un día triste de choiva. Despois de toda a incertidume de saber se averiguaban  como morreu Rita, Bernardo foi acusado fai dúas horas do asasinato. No momento no  que me enteirei non dei crédito, xa que hai tan pouco tempo, cando me enteirei de que  estaba en cinta, soñaba con formar unha nova familia con el. O noso desexo era fuxir a  Bos Aires, e alí emprender unha nova vida, esquecendo o pasado, criando os fillos que  Deus nos mande... Agora, véxome obrigada polo ben do fillo que vén en camiño a fuxir do  país, xa que se quedo aquí corro o risco de ser implicada   no delito. Marcharei soa a Bos Aires, en busca dunha vida nova. O meu soño é  reencontrarme con el cando remate a súa condena e comezar de novo. Pecho os ollos e  imaxínome dentro de 15 anos, ao lado do amor da miña vida e que por fin poida coñecer o  noso fillo. O meu fillo medrará sen pai, pero penso falarlle del todos os dias para que o  dia que o vexa por primeira vez non sinta que é un descoñecido.    EN BOS AIRES    Cheguei, por fin, ao meu destino. Esperábame unha nova vida.   Busquei un traballo e unha casiña para levar unha vida acomodada e poder criar ao meu  fillo. Encontrei un bo posto nunha escola preto da miña casa e coñecín moitas persoas  marabillosas que foron moi amables comigo. Realmente estou feliz de poder comezar de  novo, xa que non son perfecta e sei o que teño nas miñas costas.   Admito que ás veces penso sobre o tema de Rita e tamén que houbo ocasións nas que  pensei en deixar a Bernardo, pois el estaba casado e coñecín aos seus fillos. Sentinme  culpable pola morte de Rita e quixen acabar con todo. Mais era imposible, tíñao na mente  todos os días. Tal vez faga mal estando con Bernardo, pero sei que el me ama como eu a el  e poderemos ser felices aquí, en Bos Aires.    FIN DA CONDENA DE BERNARDO    Despois de tanto tempo, remata o castigo de Bernardo. Grazas á miña irmá, que o foi  visitar ó cárcere, el tiña coñecemento da miña estancia en Bos Aires. Tal día como hoxe  hai tres meses, Bernardo emprende dende A Coruña nun barco chamado “​ El Sierra  Córdoba”, onde estivo un mes metido, até chegar a Bos Aires. Esperei no porto todo o  día. Cando por fin vin chegar o barco púxenme moi contenta, porque esperara durante  moito tempo este día.