A voz de Sabón Carla López Iglesias e Óscar Cabrejo comunicación | Page 5
Diario atopado na casa da amante:
ENCONTROS DOS NAMORADOS ANTES DE PLANTEAR A MORTE DE
RITA
Coñecín a un home aposto, elegante e adiñeirado. Paréceme moi guapo. Por certo, que é o
pai dun dos alumnos meus de Suevos.
Hai pouco acercouse a min para preguntarme polo progreso do seu fillo. Dende aquela
falamos case todos os días. Eu creo que me quere coñecer mellor.
Os meses foron pasando. Empecei a quedar con el. Ao principio falabamos das nosas
cousas; despois coido que ambos comezamos a sentir cousas un polo outro. Aproveitamos
as viaxes da súa muller para poder pasar algunha noite xuntos.
MOMENTO NO QUE COMEZAN A PLANEAR O ASASINATO
Hoxe é un día importante, xa que temos que pensar que se vai facer con esa muller, que é
unha molestia para as nosas vidas. Ten que ser algo disimulado, pero debemos
asegurarnos de que queda sen vida e de que ninguén está a ver nada. Non é nada doado
pensar estas cousas, quen me diría a min que formaría parte de algo así… Terá algo
previsto xa este homiño? Porque eu tiña pensado que de súpeto aparecese un coche e a
levase por diante, pero non sei se lle parecerá a mellor idea.
ARGALLANDO NA MORTE DE RITA
Cada vez son máis consciente de que isto vai en serio, e de que a morte desa muller é
cuestión de tempo. Agora non podo mirar cara atrás , preciso coller forzas , apoiarme en
Bernardo, e pensar que a morte dela é o mellor para que nós sexamos felices; ese
matrimonio foi unha equivocación. Sei que ela chegou á vida do meu Bernardiño antes, e
que xa teñen a súa familia montada , pero tanto me ten, eu tamén teño dereito, porque
nos amamos, e se para iso teño que acabar con ela ...pois non queda outra...
O plan está tan ben pensado polo meu amor que non ten marxe de erro . Segundo el
,agora a nós tócanos esperar, xa que a morte queda en mans de terceiros debido a que
ningún dos dous queremos mancharnos de sangue .
Teño a lixeira sospeita de que o encargado do traballo suxo vai ser o pobre do criado, xa
que Bernardo, co corazonciño que ten, non lle vai poñer unha man enriba a Rita.