A voz de Sabón Carla López Iglesias e Óscar Cabrejo comunicación | Page 3
Información recollida polos veciños
No lugar que hoxe en día é chamado “O
Pazo”, vivía un matrimonio, ós cales
chamaban “El Señorito’’ e ‘’La Señorita”
cos seus fillos (un neno e unha nena) e
varios criados. Era unha familia con moitos
cartos e negocios, tiñan un carruaxe moi
bonito tirado por mulas co que “El
Señorito” saía case todos os días.
Rumoreábase que “El Señorito” tiña unha
amante e “La Señorita” sospeitábao,
entón, cada vez que el saía, ela ía tras el.
El Señorito quería que ela marchara da casa, polo que cada vez que quedaba soa na casa,
facíanlle ruídos estraños para asustala e marchase da casa. Como iso non fixo o seu afecto,
el tentou a un dos criados para que o axudase a matala, dándolle a cambio varias
propiedades, pero o criado negouse. Entón, intentouno con outro dos criados que era de
Suevos, a quen prometeu que si lle axudaba regaláballe unha casa, que a día de hoxe aínda
existe aínda que está en ruínas, ao que o criado aceptou.
Un día en Pastoriza El Señorito intentou matala, pero era moi corpulenta e non podía con
ela, polo que o criado foi por detrás e lle desfixo a cabeza cunha pedra. Ao día seguinte
correuse a voz e como xa sospeitaban do El Señorito, rexistráronlle a casa e descubriron,
debaixo da almofada da cama do criado, roupa chea de sangue, finalmente foron detidos.
O criado retractouse porque Del Río terminou por acusalo a el directamente. Nas tres
versións, a tarde comeza do mesmo modo.