A voz de Sabón Carla López Iglesias e Óscar Cabrejo comunicación | Page 2

Epígrafe  Amante: Pilar Alba Lamas Impartía clases particulares en Suevos. Namorada de Bernardo, capaz de calquera cousa por estar con el. Foi ameazada en varias ocasións pola muller de Bernardo, xa que sospeitaba que mantiñan unha relación. Inxenia con Bernardo un plan para desfacerse da súa esposa. Queda embarazada, e precisamente o día no que pensaba darlle a noticia ao seu amante, entéirase de que foi detido e levado ao cárcere. Decide fuxir por medo a ser acusada de cómplice. Finalmente, tras Bernardo cumprir a condena, encóntranse en Bos Aires e continúan a súa relación. Muller de Bernardo: A pesar de saber que é enganada polo seu home, non acepta separarse por mor de manter as apariencias. Esíxelle á amante do seu home que deixe a relación. Debido ao seu empeño por seguir adiante co seu matrimonio, obtén un amargo final. O criado: É unha persoa avariciosa e sen nada que perder; acepta o trato do seu señor de colaborar na morte da súa muller a cambio de terras?. Tras cumprir a súa condena morre na indixencia debido a que non consegue emprego dado o seu pasado. Bernardo​ : É un home caracterizado por deixarse levar polos seus desexos. Capaz de realizar todo o necesario para desfacerse da súa muller e manter unha relación coa súa amante. Finalmente, o seu plan non sae como tiña previsto e remata no cárcere, separado da súa amante. Tras cumprir a condena, encóntranse en Bos Aires. O fillos: Debido á morte da súa nai e á ausencia do seu pai, rematan nun hospicio relixioso ata cumprir a maioría de idade.