ANDURIÑA Pax 6
VIVENCIAS E RECORDOS DUN COLEXIO
Esta historia comeza aló polo ano 1985 , cando unha nena de 6 anos chega a este colexio para cursar 1 º de EXB .
Así comenza unha da mellores etapas da súa vida , pasando por momentos bos e malos , pero aprendendo moitos valores , grazas á comunidade educativa deste Colexio que , con gran paciencia e esforzo , lle ensinaron . Que recordos tan botinos !
Conta , que cada setembro , ao iniciar o curso estaba súper ilusionada , pois comezaría unha rutina de eventos que facían que todo fose especial : comezaba coa festa do Pilar , patroa do noso Colexio , onde se realizaba unha misa seguida dun picoteo para os asistentes sen olvidarse das lambetadas para os nenos . Despois , viñan as veladas de Nadal , que se representaban no que agora é a sala de exames ( antigo salón de actos ). Unha sesión era as 15:00 horas para o alumnado e outra as 19:00 horas para pais e nais , que ruido había polos corredores e clases !! Todo eran nervios !!
Un mes despois chegaba o entroido , e , festa outra vez !!
Tamén había excursións en cada avaliación e os últimos días tiñan a súa desexada viaxe de fin de curso que duraba polo menos 3 días ; e para rematar o curso chegaba a festa da familia onde se reunían pais , fillos , profesores e amigos para pasar un alegre día .
Pasaron os anos e esa nena convertiuse en nai ( concretamente a miña ) e sempre tivo claro que eu estudaría no mesmo colexio . E aquí estou , en 2021 , vivindo moitos recordos , pois poden cambiar os alumnos , os profesores , aumentar aulas … pero os valores , os costumes , e o bo facer seguen sendo os mesmos ; pois a festa da familia segue celebrándose , a velada de nadal tamén ainda que miña nai di que agora é máis emocionante , debido a que hai moito mais espazo e pode participar todo o alumnado do colexio .
Que dicir dos entroidos ? Pois grazas ao traballo dos profesores e alumnos realizase un desfile polas rúas de Foz que nada lle ten que envexar ao de Tenerife .
Aínda que este ano , debido a pandemia non podemos realizar moitas cousas sabemos que cando isto pase volveremos facer excursións , iremos a Londres , á neve , a Cerceda e os últimos cursos terán a súa ansiada viaxe de fin de curso .
Seguimos tendo a festa da familia , agora ata temos entrega de orlas e adaptámonos ás novas tecnoloxías .
Grazas aos recordos vividos por miña nai e aos que estou vivindo eu e xunto ás tradicións que conserva o Colexio poido dicir que para min vai ser unha das mellores etapas da miña vida e que vou ter uns marabillosos recordos deste colexio .
FELIZ 75 ANIVERSARIO COLEXIO DO PILAR !
Alba Otero García 4 º Primaria