47 | Page 5

ANDURIÑA Pax 5
UN COLEXIO . UN PIAR
Estudar nun colexio con 75 anos de historia é un luxo . Cantos nenos e nenas ao longo de todos estes anos aprendemos a sumar , a ler , a relacionarnos cos compañeiros , a compartir xogos e comedor e moitas cousas máis nese cole ?
Esta historia comeza no ano 1946 cando Sor Socorro , Sor Purificación e Sor Constanza chegaron a Foz para poñer en marcha este proxecto . Así o puiden ler no libro do 50 aniversario do colexio , un libro que a un familiar meu lle trae recordos e que leo porque me gusta saber cousas que pasaron no colexio no que estudo .
Na entrada do cole , consérvanse moitos dos trofeos , medallas e premios que conseguiron os alumnos en distintas competicións e concursos . Cando os vexo , sinto felicidade e orgullo porque se esforzaron e son unha recompensa .
O patio é outro dos meus sitios preferidos . Aí vivíronse moitos partidos de fútbol e de baloncesto , moitas caídas , moitos saltos á comba e moitos rasguños . Agora co Covid- 19 non podemos xogar tanto como antes , pero segue sendo un lugar para falar das nosas cousas , para descansar , etc … E despois están as clases nas que aprendemos moitas cousas novas cada día .
Cos meus compañeiros levo desde pequeniña . Gústame pasar tempo con eles porque me fan rir , xogo con eles , falamos , discutimos , etc …..
Pregunteime moitas veces cantas persoas puideron pasar polas aulas do meu colexio e que estarán facendo . Lembraranse do cole ? A qué se adicarán ? Acordaranse dos seus compañeiros ?
Os alumnos somos importantes , pero os profesore tamén , porque se preocupan e ensínannos cada día máis . Porque nos queren ver cada día cun sorriso na cara . Deles , lembrarémonos sempre .
O colexio do Pilar é o meu cole e un PIAR . Carmela Alonso Cuadrado
6 º Primaria