ANDURIÑA Pax 3
O COLEXIO DA FELICIDADE
Ola , chámome felicidade e vouvos contar como é o noso Colexio do Pilar
Bonito e alegre , con chuvia e con sol , con boa onda así me sinto eu .
A MIÑA ESCOLA A miña escola é moi particular , pois setenta e cinco anos fixo xa . Apertas , bicos e moitas cousas máis debido a esta data tan espectacular .
Alegres e contentos estamos a pesar da pandemia vivida este ano escolar , Alegres e contentos disfrutando do compás , do ambiente musical destes 75 anos xa .
Ten columpios , ten tobogáns , ten un patio enorme onde se xoga a pillar .
Nesta escola recordos e vivencias hai para todos os días , se preguntas ás familias , cada unha terá unha fantasía .
Estou feliz e contenta no noso Colexio do Pilar síntome ben e a gusto en calquera rincón do lugar .
Ireno Otero Pernas 3 º Primaria
Setenta e cinco anos pasaron e aquí moitos alumnos estudiaron , entre eles mestres hai , que hoxe nos ensinan a soñar .
Soños houbo e haberá e outros 75 anos xa .
Irina López Cebeiro 1 º ESO