ANDURIÑA Pax 2
A Comunidade Relixiosa do Colexio Nosa Sra . do Pilar do Pilar , con este tema monográfico da Revista , revive os 75 anos da súa Fundación que comezou a súa andaina no ano 1946 . Foi o 27 de maio cando as primeiras Relixiosas Franciscanas da Purísima chegaron a Foz . A súa entrega e esforzo foi notable e o listón alto que elas deixaron foi continuado polas demais irmás e profesores laicos que compartiron e comparten a nosa misión educativa . Pretendemos potenciar a cultura en Foz e os seus arredores así como os valores evanxélicos inculcando o carisma franciscano-mariano e de Nai Paula creando un ambiente familiar onde todos esteades contentos .
As irmás , o claustro de profesores e a propia Dirección do centro quixemos ao longo destes meses acercar tanto ao noso alumnado , como ás familias e ao pobo de Foz en xeral , aspectos da biografía e da historia do colexio e , ao mesmo tempo , transmitir moitos dos valores , virtudes e cualidades que seguen a constituir e a representar a nosa identidade sendo conscientes ao mesmo tempo da necesidade e da importancia de reinventarse de forma continua e incansable .
Lembramos con agarimo a moitos rapaces e rapazas , docentes e relixiosas que formaron parte durante un tempo do noso proxecto educativo , así como a todas as persoas que , día a día , de xeito conxunto , fixeron posible que esteamos a celebrar este aniversario compartindo espazos e recordos .
Cos traballos das nosas alumnas e alumnos e o precorrido polos 75 anos que fixo Don Antón Niñe , gran coñecedor dá trayectora do colexio no acto inaugural , rendemos xusta homenaxe aos que nos precederon ou tiveron un oco na historia deste centro .
Grazas pola vosa colaboración , participación e comprensión xa que as circunstancias que rodearon este complicado 2021 fixeron que non fora este ou ano máis apropiado para celebrar e festexar , como vós o merecedes , esta efeméride .
Feliz verán para todas e todos . Vémonos en setembro se Deus quere . A Comunidade Relixiosa do Colexio