!
O domingo fixemos vivacs no monte, e quedaron unhas construccións impresionantes a proba de tormentas. Tamén probamos o tiro con arco, unha disciplina descoñecida para case todos. Durmimos en bungalows de oito prazas, aínda que as nenas xuntámonos coas de outro cole e chegamos a estar nove. O xogo das linternas tamén foi divertido porque tiñamos que agocharnos cambiando as roupas cos compañeiros. O que case non fixemos foi durmir porque cando tocaba descansar seguíamos de charla ata altas horas da noite.
En xeral o pasamos moi ben, coñecimos a moitos nenos e nenas da nosa idade e compartimos unha viaxe chea de experiencias que xamais esqueceremos.
! 27!