Por Sergio
No tempo de ocio, deberes si ou non?
Moita xente debate sobre os deberes nos tempos de vacacións, por iso quixemos escribir este artigo, para dar o noso punto de vista
Eu creo que nos tempos de vacocións os deberes non deberian levarse para casa, porque nos quita moito tempo de ocio . Pero tamén poden ser moi divertidos se son en forma de xogo , resumindo temas, etc.; e desa forma xa non predemos tanto tempo de vacacións, porque estamos activos.
Os deberes poden ter unha parte boa , por exemplo antes dun exame podes repasar grazas os deberes e axudan a obter coñecemento. Pero a parte mala é que nos quitan ocio. Necesitamos xogar.
Os pais din que os deberes deberíamos facelos sos. Somos pequenos , necesitamos xogar e descubrir cousas nova .