XALOLÍN 2014 XUÑO 2014 | Page 5

MANIFESTO PRESENTADO POLO ALUMNADO DE 2º A:. FINALISTA DO CONCURSO DE MANIFESTOS DO CORRELINGUA 2014:

“INSTAGALEGO”

Instagalego é a primeira aplicación persoal que permite que fales, leas e escribas en galego (se é que aínda non o fas) ou que consegue que o mellores. E podes compartila cos amigos e amigas, porque é gratuíta!!!

A aplicación naceu para instalarse nos móbiles, tablets, computadoras… Pero ¡OLLO! tamén se pode instalar nas persoas!!! Non ten límites: podes instalala no traballo, na escola, na discoteca… E nunca caduca!!!

(Dá un paso adiante e baixa “Instagalego”)

Se queres instalar “Instagalego” clica no seguinte botón “CREAR CONTA”

Nome de usuario: …………………………………….. @galegoadiante.com

Contrasinal: “todosetodascogalego”

Lémbrame/ Esqueciches a lingua galega?

(Se non recordas a lingua galega fala cos amigos e amigas, coa familia, cos profesores e profesoras do teu centro, escoita radio e música en galego…)

Acepto as condicións de uso e falar en galego *

* Condicións de uso:

Actualizacións automáticas

Acepto que me manden anuncios en galego á conta

Procura usar unha linguaxe correcta cos usuari@s

(Damos outro paso adiante e entramos na aplicación)

Opcións:

Comentar en galego: comenta cos teus colegas todas as novidades, se coñeciches alguén a fin de semana, se lle entraches ao rapaz ou rapaza que che gusta…

Subir lingua: vídeos de música en galego; imaxes do anuncio “Vivamos como galegos”; colgar imaxes “Falemos como galegos”; que subidón!!!

Galeguizar: Instagalego permíteche poñer en galego todos os menús dos teus aparellos electrónicos: móbil, tablet, mp5, televisión…

Regaleguizar: con Instagalego xa non hai escusas! “Es que no me sale!!!” Instagalego unha vez á semana e resetea o teu disco duro, instalando a lingua galega de serie.

Compartir con amigos que xa baixaron instagalego: cada vez que algúen instala esta aplicación xa che aparece no teu grupo de contactos, só tes que darlle a ACEPTAR!!! Válida para todas as redes sociais en que te moves!!!

Dá un PASO ADIANTE e instala INSTAGALEGO

Dálle a GÚSTAME, porque nos gusta INSTAGALEGO!!!