XALOLÍN 2014 XUÑO 2014 | Page 14

15 ANOS DO INTERCAMBIO CON CACHEIRAS

O ALUMNADO DE CACHEIRAS E CARRAL QUE PARTICIPOU ESTE ANO NO INTERCAMBIO FIXO, EN PRIMEIRO LUGAR, UN GRUPO DE WHATSSAP. ASÍ QUE QUE MELLOR, QUE CONTAR ESTE 15º ANIVERSARIO MEDIANTE UNHA IMAXINARIA CONVERSA: (de Sara Portela (2ºB))

Ola, q tal?

Bn, e ti?

E q, q contas?

Ben, o 23 de abril fun a Cacheiras.

Por q?

Porq en Cacheiras, o 23 de abril de 1846, houbo unha batalla entre un batallón do Rexemento de Zamora mandado polo comandante Solís e as tropas do Xeneral De la Concha.

E por q loitaban?

Porque as tropas d Solís loitaban pola liberdade de Galicia, en contra do goberno ditatorial de Narváez.

Quen gañou?

Os d Solís foron derrotados.

Q fixestes alí?

Fixemos a ruta q seguiron e fomos ao monumento q había na súa honra a deixar unha ofrenda floral.

E os d Cacheiras foron a Carral?

Si, porq ían axusticiar a Solís e os seus homes na Coruña pero fixeron un falso xuízo en Carral e o 26 de abril fusilaron a Solís no adro da igrexa d Paleo e aos seus oficiais na Fraga do Rei.

E q fixestes en Carral?

Fomos ao cemiterio de Paleo para ver onde estaban soterrados e ao monumento a deixar unha ofrenda floral.

Q interesante!

Si, penso q debemos recordalos porq fixeron moito para conseguir a liberdade de Galicia ata morrer. Por iso lles chaman Mártires.