Test Drive | Page 32

A VOZ DO ALUMNO Rincón creativo. relatos ANO IV- PAX. 31 A PERLA VIOLETA Un inquietante relato . Recórdoo perfectamente o día no que naceu Helin. Pobre Helin. Non sabía que ía remetar así. Que quen son eu? Pois seguídeme, e o descubriredes. Todo comezou unha noite chuviosa, na que a pequena Helin naceu. Tiña os ollos violetas, era raro, pero era así. A pel branca coma a neve, era unha nena moi rara, a dicir verdade. Un día, a nena estaba durmindo no seu berce, cando de súpeto, empezou a flotar. As mans tiñan pinta de estar suxeitando algo, pero en realidade, non tiña nada collido. A pel, volvéuselle máis branca, coma se se tratara dun espírito. Xa farta, a nena comezou a chorar; choraba tan forte, que a nai escoitouna, e foi ver o que pasaba. Foi tal a sorpresa, que a nai empezou a escoitar voces, pero non estaba louca, porque as voces eran reais. Eran de tres nenos pequenos con ollos de cor lila que dicían: - Vén con nós, Helin. - Vén ao noso mundo. - Gustarache moito, Helin. Dun empurrón, a pequena fixo que a nai, o pai, que viñera xusto a tempo, e os tres espíritos chocaran contra a parede. O pai, foi correndo a unha igrexa. Polo camiño, toda a veciñanza estaba durmindo, ben, case toda, porque había unha casa con luces e música, pero iso non importa, ben; o pai chegou a igrexa e preguntou polo “pai Xesús”, que colleu unhas ferramentas e marchou con el. Cando chegaron, a nai encontrábase de xeonllos no chan chorando. Helin estaba nos seus brazos. Morrera. Pero iso non ía quedar así. A nai derramou unha pequena bágoa cara o corazón da nena. Esta, reviviu, pero fixeron a promesa de que nunca deixarían a Helin soa, senón que a coidarían todo o tempo. Laura Riveiro. 5º Ed. Primaria.