A VOZ DO ALUMNO
Rincón creativo - Relatos
ANO IV- PAX. 28
NESTE MESMO LUGAR ...HAI MOITOS MOITOS ANOS....
Hai 250 anos , alá polo ano 1765 na Baixada do Porco en Vigo,
había unha taberna chamada “Agacha a testa”. Esa taberna era moi famosa
polo seu whisky caseiro, que elaboraban uns británicos. Un mal día entrou
na taberna un irlandés moi forte e dixo que quería unha boa cunca de
augardente, os británicos que eran inimigos ‘íntimos’ dos irlandeses,
contáronlle unha trola e dixéronlle que non había augardente, entón o
irlandés chamado Patricio comezou a berrar e pegoulle un bo puñazo que
deixou inconsciente ao mellor fabricante de bebidas da zona chamado
Stuart Hefley.
Stuart fabricou ao longo da súa vida moitas bebidas como cervexa,
sangría, augardente e diferentes licores entre eles o seu famoso whisky. El
sobreviviu a varias guerras pero non puido sobrevivir a aquela gran
cotenada. A súa familia, avisou á policía, e contoulle o acontecido, pero o
certo é que ninguén sabía como capturar ao irlandés Patricio, ademais ía
armado cunha navalla moi afiada e todo o mundo lle tiña moito medo.
Pero un día cando ía subir ao seu cabalo, que tiña á porta da taberna, este
deulle unha couce e caeu ó chan. Os policías déronse de conta de que
estaba delirando polo golpe e aproveitaron para atrapalo. Pero o peor
desta famosa historia é que Stuart morreu e as súas bebidas desapareceron
con el ... Ata que un bo día no ano 2022 uns mexicanos chamados Iván
Panchito e Martiño Sánchez atoparon entre uns papeis as súas receitas e
entón empezaron a fabricar todas aquelas bebidas de Stuart de novo.
Iván Martínez e Martín Suárez. 1º ESO