Test Drive | Page 18

A VOZ DO ALUMNO LOCAL -As nosas celebracións ANO IV- PAX. 17 SAMAIN ORIXE Os antigos pobos CELTAS, dos cales descendemos, chegado o final do Outubro, celebraban unha gran festa para festexar o final da colleita, chamada “SAMHAIN”, esta palabra é gaélica, procedente de IRLANDA e significa o final do verán. ¿ Qué facían nestas datas? Recollían provisións para o inverno e sacrificaban animais. Nós aquí, en Galicia, seguimos eses mesmos costumes, coa “ matanza do porco” e recollemos os froitos: millo, patacas, castañas... Nesa noite deixaban comidas e doces fora das súas casas e prendían velas dentro de cabazas valeiras para protexerse. Estes costumes fóronse estendendo por outros países debido a emigración irlandesa, por exemplo, América do Norte, onde lle chaman “HALLOWEEN”, os nenos disfrázanse de monstros, meigas, mortos viventes… e xogan ao “TRUCO OU TRATO”, van de casa en casa cargados de doces e se fan trato cos donos das casas, intercámbianos por xoguetes ou outros doces.