Revista Mira | Page 25

“Mañá lembrade que imos celebrar unha festa moi especial, moi nosa”- dixo o Mestre Javi, “E ademáis precisaredes moita auga”- engadiu.

Non sabía moi ben a que viña aquelo da auga. ¿Parque acuático?, ¿sendeirismo?... O caso é que aquela noite entre distintos pensamentos e hipóteses quedei durmido.

A mañá seguinte chegou o gran dia. Saímos da escola os nenos de cuarto e quinto con dirección ao auditorio.

“Benvidos á festa da língua”. Recibíanos un cartel enorme na entrada. Pasamos ao patio de butacas onde nos reuniríamos con alumnos doutros coles.

Na completa escuridade daquél paraninfo creouse a expectación. Representaron unha obra de teatro para nós, ainda que sinceiramente non cheguei a comprendela moi ben, pero sei que o final era un pouco triste.

Despois dos aplausos, chegou un rapaz cunha guitarra; era Emilio Rúa agasallándonos cun concerto enteiriño para nós. ¡que marabilla! Na miña vida cantara versións tan rockeiras de cancións tradicionais galegas. Agora comprendín o que quería dicir o profe Javi co da auga. Fartariamonos de bailar e cantar durante horas. ¡vaia troula!

Dende ese día comprometínme a cantar en galego, bailar en galego, ligar en galego, chorar en galego, rír en galego… En definitiva… ¡Vivir en galego!

Unha festa diferente