Revista Mira | Page 24

Este ano no Colexio Miraflores contamos con varias plataformas de difusión e comunicación dixital. Algunhas delas foron de nova creación durante este curso; como foi o caso de Sphiral e o novo facebook da escola.

Os alumnos de sexto administraron dous blogs en lingua galega no que se traballaba o formato de prensa dixital, publicando novas relacionadas coa natureza, investigación, educación, novas internacionais...

Estes blogs son :

diariodospequepouchas.blogspot.com

avozdesexto.blogspot.com

Outro dos blogs que nos axudou a manter a difusión dos traballos dos alumnos e que ten moita aceptación por parte da comunidade educativa foi pequepoucchas.blogspot.com, no que alumnos de segundo ciclo de primaria levan traballando moitos anos xunto co mestre Xabier Domínguez.

O Colexio Miraflores na rede