Revista Mira | Page 20

Visita ó museo

Un ano máis os alumnos do colexio deixáronnos abraiados coas súas dotes artísticas. Dende as materias de Arts & Crafts, Visual Arts, Geography and History e Workshops elaboraron reproducións de obras de grandes artistas coma Van Gogh, Miró, Degas ou César Prada, quen nos visitou persoalmente para felicitar ós rapaces. Como novidade este ano cada visitante do museo tiña que aportar un quilo de comida para destinala a comedores sociais.