Revista Mira | Page 13

Previo o acto de celebración do día das letras galegas, os alumnos mergulláronse na vida e obra do homenaxeado a través de diferentes actividades.

No acto conmemorativo cada grupo de alumnos, dende pequenos a maiores, renderon a súa homenaxe a través de representacións teatrais, poemas, curtametraxe, cancións inéditas e non inéditas, .... e entregouse o premio o relato gañador do I Concurso de Relato curto Miraflores, o cal recaeu en Dona Carmen Lorenzo, polo súa obra “ O mestre”. As persoas finalistas foron: Dona Sara Torres e Dona Susan Ramos.

Letras galegas: Xosé F. Filgueira Valverde

Vídeo "vocábulos" editado, producido e dirixido polo alumnado de secundaria xunto coa sua mestra Elisabeth.

Canción composta polas alumnas Aldara, Sara e Lucía de 5º de primaria.