Revista Mira - Page 12

O longo de toda a xornada, os nosos cativos visualizaron un video dun conto de Dona castaña, realizaron un mural entre todos, decoraron o seu colgante, brincaron, cantaron, asaron castañas...

Xa pola tarde fixéronse xogos nos que participaron todos xuntos.

Algúns dos que tiveron maior aceptación foron o xogo da carretilla, tirar da corda, a "ginkana de castañas", e os momentos de baile nos que gozaron movendo o corpo ao ritmo da música do momento.